Crean unha plataforma en liña para a defensa da súa causa

xoves, 5 de marzo do 2009 Raquel Noya

Os manifestantes coruñeses percorreron a Avenida de Alfonso Molina cara á Delegación do Goberno

Para o vindeiro 17 de marzo a Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías Informáticas convoca unha manifestación multitudinaria na Coruña para facer escoitar as súas reivindicacións e contar co apoio de familiares, amigos, coñecidos e os propios estudantes, profesionais e traballadores do sector, na súa causa común: que se regulen profesionalmente as enxeñarías en informática.
Asemade, o colectivo vén de crear unha nova web que ten a intención de converterse, segundo afirman, “no nexo de unión entre tódolos afectados (directa e indirectamente) e constituirse como o principal punto de información fiable e actualizada”.
Aseguran ter todos os permisos pedidos e agradecen a colaboración dos Representantes de Alumnos da Facultade de Informática da Coruña, a cidade onde se levará a cabo a manifestación do 17M.

Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías Informáticas estreou páxina web

PUBLICIDADE