O CPEIG celebrou dúas asembleas xerais

luns, 15 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Imaxe dunha pasada asemblea do CPEIGO Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia celebrou o pasado sábado dúas asembleas xerais, unha extraordinaria e outra ordinaria que serviron para aprobar unha serie de modificacións nos seus estatutos para mellorar a operativa do Colexio, para expor a situación actual da organización e as súa actividades durante o último ano, para aprobar as contas, orzamentos, código deontolóxico e cotas de colexiación (que coma novidade contan cunha exención de cota para os colexiados en situación de desemprego) e tamén aprobaron a colexiación de honra de Jesús Vázquez Abad (antigo deputado no Congreso por Ourense e actual conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria) e dos presidentes da AEIG (Javier Rodeiro Iglesias, Gabriel Ferreiro Pena e Jesús Rodríguez Castro).

PUBLICIDADE