O COETG premia ao mellor das telecomunicacións en Galicia

luns, 15 de outubro do 2007 Raquel Noya

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, vén de anunciar a celebración da XII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, o vindeiro 19 de outubro no Salón Aqua Térrae do Gran Hotel da Toxa (O Grove, Pontevedra).
O acto contará coa presenza do presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño que asistirá á presentación de Banda Larga. Acceso universal á información e aos servizos antes de comezar coa entrega de premios, que este ano establece as seguintes categorías:
-Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC.
-Premio ao Mellor Proxecto de Telecomunicacións con Beneficio Social.
-Premio á Mellor Aplicación TIC.
-Socio de Honra da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
-Enxeñeiro do Ano da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

PUBLICIDADE