O COETG anuncia as súas actividades co gallo do Día Mundial das Telecomunicacións

venres, 14 de maio do 2010 Redacción

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2010, que se celebra en todo o mundo o vindeiro 17 de maio, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan, como ven sendo habitual, unha serie de actividades para enxalzar esta data.
O vindeiro luns, 17 de maio, publicarase un monográfico na edición xeral de La Voz de Galicia, no que se incorporará o Manifesto que cada ano redacta o Colexio para dirixirse a toda a sociedade galega con gallo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Entre as accións programadas, tamén cómpre destacar a terceira edición do Concerto das Telecomunicacións, que terá lugar o vindeiro venres 28 de maio en A Coruña, na sede da Fundación Caixa Galicia, a cargo da Agrupación de Música de Cámara Camerata Quodi. É imprescindible reserva previa dado que o aforo é limitado. Data límite para reservar: 24 de maio.
Ademais dos actos anteriormente referidos, o COETG celebrará en Vigo, en colaboración con INEO, o luns día 31 de maio, unha Conferencia a cargo de Antonio Rodríguez del Corral, xerente de Desenvolvemento de Negocio de R, na que abordará a próxima liberación do espectro radioeléctrico e o seu impacto nos modelos de negocio dos operadores de telecomunicacións.
Pódese conseguir información sobre estes eventos (datas, horas, reservas…) na páxina web da AETG ou chamando ao teléfono 981 59 66 12.

PUBLICIDADE