SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O CLAG achegouse aos desafíos do novo escenario dixital nunha xornada que tivo lugar hoxe

venres 25 de novembro do 2011, por Redacción | | Compartir | |

O Cluster Audiovisual Galego (CLAG) organizou esta mañá no Hotel Araguaney de Santiago de Compostela un dos seus foros estratéxicos baixo o título de O Escenario Dixital: incertezas, oportunidades e desafíos, no que compañías como Continental Producciones, Electronic Arts, Moonbite Games, ONO, R e Filmutea coincidirán en 3 mesas redondas que abordarán temas como o proceso creativo e os modelos de xestión, o mercado internacional de videoxogos e as posibilidades das canles de televisión temáticas e o vídeo baixo demanda.
O evento foi inaugurado polo secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, quen estivo acompañado polo presidente do Clúster Audiovisual Galego, Andrés Barbé, e o director de contidos dixitais de AMETIC, Antonio Fernández.

JPEG - 257.3 KB
Antonio Fernández, Andrés Barbé e Alfonso Cabaleiro na presentación da xornada
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS