O CIXTEC actualizará o sistema electrónico e de facturación da Xunta

xoves, 23 de maio do 2013 Redacción

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe unha resolución (dispoñible en formato PDF) da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades e na actualización continua no sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF) co financiado con cargo ao programa FEDER Galicia 2007-2013 nun 80% e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) no 20% restante.
O valor deste contrato é por importe de 103.000 euros netos, estando aberta a súa convocatoria durante 15 días naturais.