O CITIC doa pantallas pediátricas de protección individual a ASPACE Coruña
mércores, 10 de xuño do 2020
O
Centro
de Investigación TIC da Universidade da Coruña vén de doar un lote
de pantallas pediátricas de protección individual destinadas aos
usuarios de ASPACE Coruña. A entrega realizouse este martes 9 de
xuño, e nela participou o fisioterapeuta de ASPACE Coruña, Rubén
Carneiro. Por parte do director do CITIC fixeron acto de presenza
Manuel F. González Penedo, o subdirector, Javier Pereira, e o
responsábel da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro.
As
pantallas foron fabricadas coa impresora 3D do CITIC e serán
utilizadas polos usuarios do centro educativo de ASPACE Coruña,
nenos e mozos de idades comprendidas entre os 3 e os 21 anos, e do
centro de atención temperá, que atende a nenos de até 6 anos.
O
CITIC e ASPACE Coruña manteñen unha colaboración desde 2019 a
través dun grupo de traballo que ten o obxectivo de definir contidos
informáticos para mellorar a avaliación e programas de
rehabilitación de persoas con parálise cerebral.