O CITIC contribuÃu en Valencia a materializar portos marÃtimos smart
luns, 2 de maio do 2016
- Jesús M. DÃaz, investigador do CITIC, expoñendo os traballos smart do centro tecnolóxico galego
Os pasados 22 e 23 de
abril, o Centro de Investigación TIC (CITIC) participou no encontro
ICT
Innovations in Shipping and Smart Port Management in the
Mediterranean Area, que tivo lugar na Autoridade Portuaria de
Valencia e que se organizou co obxectivo de promover a colaboración
en I+D arredor dos ámbitos do tráfico marÃtimo e a xestión e
infraestruturas dos portos. A finalidade, polo tanto, foi a de xerar
proxectos de transferencia de coñecemento e cooperación entre
diferentes frontes ao abeiro das convocatorias europeas do marco de
Horizonte 2020.
No encontro, o CITIC
espertou o interese dos portos de Valencia e Barcelona, sobre todo
grazas ás súas capacidades e experiencia adquiridas no ámbito do
Smart Port. Igualmente, abrÃronse portas para colaboracións
neste ámbito na liña de Port of the Future de 2020. O
responsábel da Oficina de Transferencia Tecnolóxica do CITIC, Jesús
M. DÃaz, foi o encargado (o relator) de facer as presentacións das
capacidades de I+D+i e da experiencia xa adquirida nos Portos da
Coruña e Vigo, proxectos SmartPort Coruña e VIPORT. O seu relatorio
desenvolveuse baixo o seguinte epÃgrafe: Smart Port: successes
experiences from Atlantic side Ports.
As xornadas de Valencia
inserÃronse nas actividades do grupo de asociacións de enxeñeiros
de telecomunicacións e TIC do FITCE (Forum For European ICT &
Media Professionals) de España, Grecia e Italia. Os encontros foron
un evento europeo (Euro
Med Telco Forum 2016) e viñeron
da man da Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación,
coa colaboración da Autoridade Portuaria de Valencia, HisdeSAT e
Nunsys, contándose co patrocinio principal de Telefónica.
Participaron nos relatorios, amais das devanditas entidades, a
Universidade Politécnica de Valencia, a Fundación Valenciaport, a
Society AEIT per la Tecnologia dell’’Informazione e delle
Comunicazioni, a Universidade de Roma, a Universidade de Trieste, o
Centro Tecnolóxico Gradiant, o CITIC, a empresa galega Televés, a
Universidade de Las Palmas, a Universidade de Castela A Mancha e o
Technological Education Institute of Thessaly.
En detalle, o obxectivo
das xornadas foi facer fronte común entre entidades de investigación
e empresariais dos devanditos paÃses, por exemplo autoridades
portuarias, centros de I+D, universidades, empresas do ámbito TIC e
profesionais, todos eles unidos baixo a arela de compartir proxectos
e iniciativas para acadar sociedades, consorcios e proxectos
tecnolóxicos na conca mediterránea.