O CITIC acolle un simposio internacional estatístico na honra de Ingrid Van Keilegom
venres, 10 de xuño do 2022
O
vindeiro 15 de xuño o CITIC (Centro de Investigación TIC da
Universidade da Coruña) acollerá o International Symposium on
Recent Advances in Statistics en honra a Ingrid Van Keilegom,
profesora da Universidade KU Leuven. Neste evento, organizado persoal
investigador do centro coruñés, oito relatores presentarán
traballos relacionado coa investigación da propia Ingrid Van
Keilegom.
A
sesión terá lugar na Sala Cloud do CITIC de 9:30 a 18:00 h e para
asistir é necesario
rexistrarse en liña.
Ao
día seguinte, 16 de xuño, a profesora Ingrid Van Keilegom recibirá
o Doutoramento Honoris Causa pola Universidade da Coruña nun acto
que terá lugar ás 12:00 h no salón de actos da Reitorado da UDC e
que se poderá seguir de forma online a través de Teams.
Programa
9:30
h.- Apertura da xornada
9:45
h.- Goodness-of-fit tests for statistical models with some recent
results. Wenceslao González Manteiga
10:30
h.- Goodness-of-fit tests in proportional hazards models with
random effects. Lola Martínez Miranda (traballo conxunto con
Wenceslao González Manteiga e Ingrid Van Keilegom)
11:15
h.- Pausa café
11:45
h.- Robust tests for the comparison of regression curves. Juan
Carlos Pardo (traballo conxunto con Graciela Boente)
12:30
h.- Nonparametric estimation of conditional residual quantiles.
Paul Janssen e Noël Veraverbeke
13:30
h.- Fin da sesión de mañá
14:00
h.- Comida
15:15
h.- In memoriam: Carmen Cadarso. Wenceslao González Manteiga,
Geert Molenbergs, Francisco Gude e Klaus Ebert
15:40
h.- Dependent censoring based on parametric copulas. Ingrid
Van Keilegom
16:25
h.- Nonparametric estimation in mixture cure models with
covariates. Amalia Jácome (traballo conxunto con Yingwei Peng e
Ana López Cheda)
17:10
h.- An update on multitaper spectral analysis. Emery Brown
17:55
h.- Peche da xornada
A
investigadora
Ingrid
Van Keilegom é catedrática de Estatística e Investigación
Operativa da Katholieke Universiteit Leuven (Bélxica). Recentemente,
xunto cos investigadores do CITIC Ana López Cheda, Ricardo Cao Abad
e María Amalia Jácome Pumar, recibiu o Premio
á Mellor contribución metodolóxica no campo da Estatística
da edición de 2021 polo seu artigo Estimación non
paramétrica de incidencia e selección de ancho de banda Bootstrap
en modelos de cura mestura.
Ingrid
Van Keilegom (nada o 24 de decembro de 1971 en Amberes) é tamén
profesora extraordinaria na Université Catholique de Louvain. Os
seus intereses de investigación inclúen análise de supervivencia,
erros de observación, econometría e estatísticas non paramétricas.
Van
Keilegom foi nomeada membro do Instituto de Estatística Matemática
en 2008 “polas súas contribucións á teoría e á metodoloxía
estatísticas, especialmente no ámbito da regresión semi e non
paramétrica, a análise de supervivencia e os métodos de
probabilidade empírica”. [Tamén foi membro da Asociación
Estadounidense de Estatística desde 2013.