O CITIC acolle este venres a presentación do proxecto europeo 3-i ICT
xoves, 24 de marzo do 2022
O
Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña
acolle este venres 25 de marzo, a partir das 12.30 horas, un máis
que relevante acontecemento tecnolóxico na nosa terra. Trátase
da xornada de presentación do proxecto europeo 3-i ICT
(International, Interdisciplinary and Intersectoral Information
and Communications Technology PhD Programme), programa de
captación de talento predoutoral excelente que constitúe o primeiro
das súas caracterÃsticas concedido a unha institución galega
dentro da convocatoria europea MSCA-COFUND. O proxecto 3-i ICT está
co-financiado pola ConsellerÃa de Cultura e Educación.
No
evento presentarase o proxecto e o seu alcance; terá unha duración
de cinco anos e permitirá a captación a nivel internacional de oito
investigadores/as para que desenvolvan as súas teses de doutoramento
no CITIC. O programa pretende fortalecer os eidos estratéxicos nos
que se está a emprazar o CITIC: biomedicina, industria 4.0,
procesamento da linguaxe natural e sostibilidade.
A
cita contará coa presenza do xefe do servizo de Planificación e
Estruturación da Investigación da ConsellerÃa de Cultura,
Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Faustino Infante
Roura; o vicerreitor de PolÃtica CientÃfica, Investigación e
Transferencia da UDC, Salvador Naya Fernández; a vicerreitora de
Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC, MarÃa José
LombardÃa Cortiña; e o director do CITIC, Manuel F. González
Penedo.