O CFV organiza en Vigo unha xornada sobre novas tecnoloxías na sanidade

mércores, 14 de marzo do 2007

O Foro da Sociedade da Información do Club Financeiro de Vigo, en colaboración con Caixanova, vai celebrar este xoves 15 unha xornada encamiñada a afondar nas necesidades tecnolóxicas do sistema sanitario, co obxectivo de favorecer o seu desenvolvemento e, en última instancia, mellorar a atención ó doente e a xestión administrativa e, asemade, favorecer a diminución dos custos. A xornada tamén irá dirixida a analizar o valor das tecnoloxías na consecución dun sistema sanitario proactivo onde tamén se lle dea importancia ó coidado da súade, e non unicamente ó tratamento das doenzas. As sesións darán comezo ás 17.00 horas, e contarán (entre outros) coa presenza de Mar Pereira, subdirectora de Información e Servizos Tecnolóxicos da Consellería de Sanidade, ou Manuel Chao, xerente do sector de sanidade de Coremain.

PUBLICIDADE