O CESGA, finalista dos Premios EGANET en Educacion Dixital

mércores, 22 de decembro do 2010 Raquel Noya

Os premios EGANET, dos que vimos falando ao longo das últimas semanas polo seu gran labor de promoción e recoñecemento das iniciativas galegas, entreganse hoxe en Santiago de Compostela, e entre os seus finalistas está, como nos podía ser doutra maneira, un proxecto do noso Centro de Supercomputación de Galicia: o CESGA.
En concreto, esta entidade pública especializada no cálculo aplicado a tódolos eidos da ciencia, é finalista na categoría de Educación Dixital, polo seu proxecto Comunidades Rurais Virtuais, desenvolvido polas áreas de e-Learning e Sistemas, en colaboración co CRA de Boqueixón.
Nesta mesma categoría presentáronse este ano un total de 91 proxectos, dos cales saíron finalistas catro.
O CESGA compite nesta sétima edición co CEIP Nétoma-Razo, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, CEIP O Graxal polo proxecto, O Campo da Feira.
Co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia polo proxecto, Navega con Rumbo polo Ciberespazo e con Interacción/Imaxín, polo traballo, O valor de IGU.

PUBLICIDADE