O CESGA contribúe á apertura do Arquivo Dixital de Valle-Inclán

luns, 24 de decembro do 2018 Fernando Sarasketa

O Grupo de Investigación Valle-Inclán da Universidade de Santiago informou semana pasada da posta a disposición da comunidade investigadora e internauta do Arquivo Dixital Valle-Inclán, que inclúe o fondo documental, biblioteca, iconográfico e gráfico do escritor de Vilanova de Arousa. En termos máis concretos de formatos, o arquivo acubilla 4.500 documentos e 80.000 imaxes dixitalizadas, material que nos leva da man pola obra do novelista e dramaturgo galego, polas moitas edicións das súas obras, polas súas tradución, pola súa correspondencia ou por fotografías do contexto no que viviu. A ligazón está en activo a través de https://www.archivodigitalvalleinclan.es.
Nos traballos, amais do Grupo, participaron a Cátedra Valle-Inclán da USC, o Laboratorio BD da Universidade da Coruña ou o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
O CESGA, durante algo máis dun ano, acompañou ao grupo de investigación no proceso de migración desta base de datos ao propio centro de supercomputación compostelán, co obxectivo de “facilitar o acceso sinxelo á información de toda a sociedade e investigadores interesados na obra do autor, e poida servir de referencia para futuros traballos de investigación relacionados”.

PUBLICIDADE