O CDTIC acollerá unha xornada sobre Facturascripts

martes, 26 de marzo do 2019 Redacción

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) organiza o día 3 de abril, en horario de 16:30 a 18:30 horas, nas súas instalacións de Santiago de Compostela a sesión demostradora Xestiona o día a día da túa empresa con Facturascripts coa que pretenden presentar FacturaScripts, un programa doado, accesible e potente, que permite levar ao día a contabilidade da empresa sen moito esforzo. Da man da consultora informática Ítaca Software Libre, explicarase ás persoas asistentes o funcionamento básico dos módulos de FacturaScripts e exporase un caso de xestión empresarial, ademais de realizar un exercicio de carácter práctico.
Para participar na xornada cómpre inscribirse na web do CDTIC ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.

PUBLICIDADE