O CDTIC acolle un seminario sobre a presenza web de establecementos turísticos

venres, 15 de maio do 2015 Redacción

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) acollerá nas súas instalacións o día 21 de maio o seminario Potencia a web do teu establecemento turístico e convértea no teu mellor comercial que se desenvolverá en horario de 16:00 a 20:00 horas, impartido por Jose Alcañiz, xerente de Buscadestinos.com, central de reservas de hoteis e escapadas, e fundador de Esterea Comunicación Digital, que informará aos asistentes sobre as ferramentas e as estratexias dispoñibles en internet para que establecementos, operadores e entidades de xestión de destinos turísticos obteñan visibilidade e rendemento económico.
José Alcañiz na súa intervención durante a <a href="http://codigocero.com/O-xerente-de-Buscadestinos-com">LaconNetwork do pasado mes de abril</A>O programa da xornada inclúe temas como a optimización da web (usabilidade, motores de reservas, contidos etc.) ou a realización dun plan de marketing. O seminario está deseñado para establecementos turísticos que busquen chegar a máis xente de forma directa a través de internet, reducindo custos de intermediación. Así mesmo, tamén está pensado para operadores turísticos ou axencias receptivas que busquen mellorar o seu posicionamento ou o da súa zona en internet. Ademais, pode resultar de interese para entidades de xestión de destinos que teñan a responsabilidade de dinamizar xeodestinos a través de internet.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC, sendo a actividade de balde, aínda que conta con prazas limitadas. Os interesados que non poidan asistir presencialmente ao CDTIC poderán seguir o seminario a través de streaming e a través de varias aulas CeMIT.

PUBLICIDADE