O CDTIC acolle a semana que vén un curso sobre tendas en liña

mércores, 10 de febreiro do 2016 Redacción

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a AMTEGA, organiza o día 18 de febreiro o seminario Coñece os pormenores de montar unha tenda en liña que se impartirá nas súas instalacións de 16:00 a 20:00 horas. Nesta actividade formativa explicarase, desde un punto de vista práctico e real, como iniciar un proxecto de comercio electrónico e cales son os erros máis comúns que se adoitan cometer na súa posta en marcha.
O programa da xornada inclúe temas como os elementos clave para poñer en marcha un proxecto destas características (estratexias, tecnoloxía, provedores, loxística, medios de pagamento etc.) ou as pautas a seguir para vender os produtos en liña noutros países.
Este seminario está destinado principalmente a persoal directivo, responsables comerciais e de mercadotecnia e, en xeral, todas as persoas que desexen iniciar un proxecto de comercio electrónico. O encargado de impartir a sesión será Fernando Gómez, CEO do Grupo Predomina, consultor de mercadotecnia en liña e asesor de proxectos TIC da Rede de Business Angels InnoBAN.

PUBLICIDADE