O CDTIC achega recursos de dixitalización ao empresariado compostelán

mércores, 22 de abril do 2020 Redacción

A Asociación Compostela Monumental, en colaboración co Centro Demostrador TIC de Galicia, ente público pertencente á Xunta de Galicia (axencia AMTEGA), pon en marcha esta semana unha serie de cursos e charlas online e de balde que teñen o obxectivo de seguir achegando recursos e formación ao sector comercial e empresarial nestes tempos de urxencia e confinamento por mor da pandemia e o Decreto de Alarma.
Este venres día 24 de abril celebrarase o curso, Fai medrar ou teu negocio, impartido por Conpas por medio de tecnoloxía streaming, en horario de 10:00 a 10:45 horas. Nesta actividade formativa impartida a distancia explicarase como usar eficientemente as aplicacións do ecosistema Zoho como ferramentas tecnolóxicas para poder teletraballar de forma gratuíta: Zoho Remotely.

PUBLICIDADE