O CDSI de Moaña adianta as actividades que levará a cabo en febreiro

xoves, 28 de xaneiro do 2010 Raquel Noya

O Centro de Dinamización da Sociedade da Información en Moaña, non quixo deixar que rematase xaneiro para programar e presentarnos as novas actividades previstas para o vindeiro mes de febreiro, no que a dinamizadora Ana María Pérez se volverá a implicar con tódolos veciños e veciñas na procura de ferramentas tecnolóxicas coas que poder mellorar o seu día a día.
Moaña comeza o mes cun curso de Iniciación a Internet, dirixido a tódolos veciños e veciñas do lugar que desexen manexar con certa soltura o ordenador e os seus periféricos, así como entrar na Rede e desenvolverse medianamente ben con calquera navegador.
Terá lugar en 3 quendas:
- Primeira quenda: desde o 1 de febreiro ao 8 de febreiro, os luns, mércores e venres de 10:30 a 12.00 horas.
- Segunda quenda: desde o 2 de febreiro ao 11 de febreiro, os martes e xoves de 10:30 a 12:00 horas.
- Terceira quenda: desde o 2 de febreiro ao 11 de febreiro, os martes e xoves de 19:00 a 20:30 horas.
Cada unha das quendas ten unha duración de 6 horas.
Outro curso que se desenvolverá na localidade pontevedresa é Alfabetización dixital: Iniciación a informática e Internet: unha actividade coa que se pretende que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa quen de manexar de forma básica un computador, así como de acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbles. Vai ter lugar do 1 ao 24 de febreiro, os luns e mércores de 19:00 a 20:30. O obradoiro ten unha duración de 12 horas.
Creación dunha conta de correo electrónico é outra actividade que se vai desenvolver en Moaña, coa que se pretende que o usuario/a ao finalizalo sexa capaz de crear e xestionar contas de correo electrónico. Desenvolveranse tamén en 3 quendas:
- Primeira quenda: desde o 15 de febreiro ao 26 febreiro, no seguinte horario: luns, mércores e venres de 10:30 a 12.00 horas.
- Segunda quenda: desde o 16 de febreiro ao 25 de febreiro, no seguinte horario: martes e xoves de 10:30 a 12:00 horas.
- Terceira quenda: desde o 16 de febreiro ao 25 de febreiro, no seguinte horario: martes e xoves de 19:00 a 20:30 horas. Cada unha das quendas ten unha duración de 6 horas.
Videoconferencia: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de utilizar programas para comunicarse en tempo real empregando unha webcam. Desenvolverase os días 10, 17 e 24 de febreiro no seguinte horario: mércores de 16:00 a 18:00 horas.
Por último, tódolos martes e xoves desde o 2 ao 25 de febreiro, levarase a cabo un curso de Edición de imaxes: Gimp co que se pretende que as persoas asistentes aprendan a retocar as súas propias imaxes dixitais. Desenvolverase en dous turnos: mañás de 12:00 a 13:30 horas e tardes de 16:00 a 17:30 horas. Terán unha duración de 12 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla Moaña preto de ti, na Rede, na cal se lles mostrará os/as asistentes as diferentes webs existentes na Internet relacionadas co Concello de Moaña.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización do Concello de Moaña, sito na rúa Donato Bernardez Sotelo, nº 6, local G, chamar ao teléfono 986.314.997 ou por correo electrónico.

PUBLICIDADE