O CCG celebra até mañá en Santiago as súas xornadas sobre memoria dixital

xoves, 11 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

Este xoves comezaron en Santiago de Compostela as xornadas sobre A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural que organiza o Consello da Cultura Galega. Tal e como indica o seu nome, os encontros xiran arredor das posibilidades das novas ferramentas para favorecer a preservación e recuperación do noso pasado e, tamén, para impulsar o labor creativo da sociedade galega que desexe contar en todo intre (vía as novas tecnoloxías) cun apoio que lle é propio: o da súa identidade.
Organizadas polo Consello da Cultura a través do Arquivo de Comunicación, as xornadas deron comezo este xoves 11, na sede da institución en Raxoi, a través dunha sesión de mañá e outra de tarde (sendo a sesión do 12 de novembro só de mañá).
Entre outros expertos en coñecemento e canles para preservalo e transmitilo, o evento contará con relatorios dos profesores Emilio Prado e Francisco Sierra.
As xornadas comezaron co relatorio A documentación para poñer en valor a memoria nos procesos de comunicación e cultura da era dixital que expuxo Mercedes Caridad (Universidade Carlos III-Madrid).
A continuación, damos conta do programa e relatorios do evento:
Xoves día 11
SESIÓN DA MAÑÁ
• 10:00 h. Inauguración
• 10:15 h. A documentación para poñer en valor a memoria nos procesos de comunicación e cultura da era dixital
Mercedes Caridad Sebastián, Universidad Carlos III de Madrid
• 11:30 h. Pausa
• 12:00 h. Medios dixitais, bases de datos e divulgación cultural
Emilio Prado, Universitat Autònoma de Barcelona
• 13:00 h. Textos e contextos na Rede
Rosario Lacalle, Universitat Autònoma de Barcelona
SESIÓN DA TARDE
• 17:00 h. Novas ferramentas para construír e difundir mensaxes culturais
Rosa Franquet, Universitat Autònoma de Barcelona
• 18:00 h. Os procesos de reorganización e dixitalización nas industrias culturais
Luis A. Albornoz, Universidad Carlos III de Madrid
Venres día 12
SESIÓN DA MAÑÁ
• 10:00 h. Tendencias nos consumos culturais nas sociedades actuais
José Luis Piñuel Raigada, Universidad Complutense de Madrid
• 11:00 h. Regulación, autorregulación e valores nos fluxos de comunicación e cultura nas sociedades actuais
Juan Benavides, Universidad Complutense de Madrid
• 12:00 h. Pausa
• 12:15 h. Fronteiras interculturais na comunicación dixital
José Manuel de Pablos, Universidad de La Laguna
• 13:15 h. Memoria, comunicación e desenvolvemento cultural: programas nacionais e internacionais
Francisco Sierra, Universidad de Sevilla

PUBLICIDADE