O Brain Training axuda a potenciar a atención dos cativos en operacións matemáticas

venres, 26 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Investigadores escoceses comprobaron os efectos do uso do Brain Training para Nintendo DS por parte de cativos, detectando que o uso da aplicación desenvolvida polo Dr. Kawashima ten efectos positivos, pese a que moitos críticos aseguraban que non tiñan efecto ningún.
O estudo analizou a reacción de máis de 600 alumnos de 32 escolas, que utilizaron o Brain Training durante 20 minutos antes das súas clases durante 9 semanas, mentres que outro grupo de control deixaba de lado o título para a DS, e tralo período de proba os que usaban o xogo conseguían completar unha serie de probas en 13,5 minutos, mentres que ao resto lles levaban 18,5 minutos.
Enténdese así que certas aplicacións electrónicas poden servir para mellorar a concentración dos alumnos (especialmente en operacións matemáticas) polo que habería que contemplalas cada día máis na educación dos cativos.

PUBLICIDADE