O Banco Santander permitirá o pagamento co móbil a partires da semana que vén

venres, 8 de abril do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos meses estamos a ver como as entidades bancarias están a renovar as súas aplicacións novas e lanzar novos servizos orientados a converter o smartphone nunha ferramenta de pagamento, e aínda que confíase en que Android Play, Samsung Pay e Apple Pay sexan as plataformas que imperen no futuro, o seu desembarco está a ser lento fóra dos EE.UU., o que aproveitan as entidades para lanzar as súas alternativas, e así vemos como o usuarios de smartphones Android con NFC poden usar xa a aplicación BBVA Wallet para poder pagar as súas compras en TPV compatibles con tarxetas contactless dun xeito seguro, e para o vindeiro día 11 tamén está prevista a renovación de Santander Wallet, de xeito que a aplicación para Android do Banco Santander xa non se limitará a xestionar as tarxetas bancarias e poder enviar cartos a outros móbiles (na liña do que fai a aplicación de ABANCA Pay), senón que tamén integrará pagamentos por NFC, sendo posible que o usuario elixa entre as súas distintas tarxetas ou marca unha como predeterminada para facer dun xeito moi áxil os seus pagamentos.
Compre lembrar que, aparte dos bancos, tamén os operadores de telefonía teñen a intención de rabuñar unha parte deste mercado, e Vodafone Wallet tamén está a facerse un oco para facilitar o pagamento co móbil en España, de xeito que é moi probable que cando tecnoloxías como a de Apple Pay cheguen finalmente ao noso territorio os consumidores estean xa moi afeitos a este sistema de pagar que busca substituír ás tarxetas bancarias (aínda que polo momento é só un xeito alternativo de operar coas mesmas).

BBVA Wallet xa permite o pagamento co móbil mediante NFC

PUBLICIDADE