O Banco Pastor renovou a súa páxina web

venres, 10 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O Banco Pastor renovou esta semana a súa presenza na Internet, cunha páxina web que conta cun redeseño completo, incorporando un novo contorno corporativo e outro para os axentes da entidade bancaria.
O obxectivo deste cambio de cara na web é potenciar o servizo do Banco Pastor como «banca de clientes» a través da súa web comercial e mellorar o acceso á información mediante a súa web corporativa.
A entidade financeira pretende ofrecer unha plataforma actual, práctica e útil, na que o usuarios poida atopar a información que precise «en cuestión de minutos». Buscan así avanzar na súa aposta polas novas tecnoloxías iniciada en 1992 co servizo de Banca Directa, o que actualmente ten unha importancia especial por modificar a Internet o xeito no que as empresas relaciónanse cos seus clientes, e ao converterse a Internet nun «escaparate estratéxico» para a súa gama de produtos e servizos, así coma un «instrumento básico» para a comunicación da súa historia, actualidade e valores.

PUBLICIDADE