O BNG reclama a presenza do galego nos nosos móbiles

xoves, 19 de abril do 2007

O parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, vén de presentar unha proposición non de lei para o seu debate en comisión na que reivindica, entre outras cousas, que os contratos que se subscriban entre a Xunta e as compañías de móbiles, inclúan o galego nas opcións dos seus terminais e na atención ó cliente.
Lobeira propón ademais que se cree un dicionario de abreviaturas para mensaxes curtas (SMS) e que se negocie coas empresas para que os avisos de apagado e fóra de cobertura se fagan na nosa lingua. Semellante petición tamén veu hai uns días da man da Mesa pola Normalización Lingüística.

PUBLICIDADE