O BNG denuncia o desmantelamento de Mancomún
mércores, 14 de outubro do 2009
A deputada do BNG, Ana LuÃsa
Bouza, denuncia que o Goberno
da Xunta está a desmantelar Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Mancomún, pois en resposta a unha pregunta da deputada nacionalista a
pasada tarde no Pleno da Cámara Galega, o conselleiro de Presidencia, Alfonso
Rueda, asegurou que os 500.000 euros destinados a Mancomún «supuñan un custo excesivo» para as arcas da administración galega.
Bouza asegura que o pasado 14 de setembro o Goberno despediu a 7 persoas
relacionadas con Mancomún, ao que haberÃa que sumar que «recentemente fixeron un aviso de despedimento a máis de 100
traballadores e traballadoras da Fundación
para o Fomento da Calidade Industrial e do Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia»
que viñan traballando en iniciativas de extensión da Sociedade da Información,
e que cesarÃan a súa actividade o vindeiro 31 de decembro.
Estas medidas supoñen «a supresión das
medidas de apoio ao software libre que puxo en marcha o Goberno Bipartito»,
coas que conseguiron que o 10 das empresas galegas utilicen software libre e
que triplicasen o seu uso nas escolas galegas.