Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O BNG denuncia a web do Instituto Cervantes por castelanizar topónimos galegos

luns 29 de xuño do 2009, por Raquel Noya | | Compartir | |

Mellid, El Cebrero, Monte del Gozo ou Finisterre, son algúns dos topónimos que, a día de hoxe, podemos ver na páxina web do Instituto Cervantes, onde ademais, tal e como anunciaban a pasada semana no Xornal.com, son notables as faltas de ortografía cometidas no tocante aos nosos termos, tales como praza do Obradorio, referíndose á Praza do Obradoiro compostelá onde se ubica a catedral de Santiago.
No tocante a isto, o deputado do BNG no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, vén de presentar unha iniciativa na que lle demanda á Xunta de Galiza que interveña para que o Instituto Cervantes corrixa os topónimos galegos deturpados que aparecen nas súas publicacións.
En concreto, o deputado do BNG denuncia que no apartado do Centro Virtual Cervantes relacionado co Camiño de Santiago “aparecen topónimos
galegos deturpados como Mellid, El Cebrero, Finisterre ou Palas de Rey”.
Lobeira considera “intolerable que a estas alturas haxa institucións públicas que, como o Instituto Cervantes, vulneren a legalidade lingüística sen reparo algún, un feito que, aínda sendo recorrente, non pode ser asumido con naturalidade polo Goberno de Galiza”.
Neste senso, o deputado do BNG pregúntalle á Secretaría Xeral de Política Lingüística pola súa avaliación “sobre o reiterado incumprimento da legalidade toponímica referida a Galiza por parte do Instituto Cervantes”, e en consecuencia, pídelle que adopte medidas para corrixir esta situación.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS