O BNG de MarÃn estrea páxina web
luns, 14 de setembro do 2009
A agrupación do
Bloque Nacionalista Galego en MarÃn vén de
estrear web, un espazo de seu na Rede que funciona
baixo a plataforma WordPress para darlle feitura de blogue, co que buscan
socializar a vida da formación polÃtica na web, para o que tamén potenciarán a
súa participación noutras plataformas de redes sociais. De todos os xeitos,
sorprende que os comentarios do blogue (incluso nas seccións de opinión) estean
pechados.
A nova web detalla cómo está constituÃdo o grupo municipal do BNG, presenta a
historia da sede do partido (edificio que forma parte do Patrimonio
Histórico-ArtÃstico de MarÃn) e divide as anotacións no blogue nas categorÃas
de Actividades, Concello, Deputación, Opinión e Parlamento Galego. Completan o espazo
con ligazóns de interese a distintas páxinas web galegas e a outras webs locais
do BNG.