O Asistente de Google por fin funciona en español en Android TV

mércores, 19 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Sen realizar un anuncio oficial, Google está a incorporar o soporte de español ao seu Asistente en Android TV, sorprendendo que tardasen tanto tempo en facer tal. Deste xeito, o Asistente de Google pode empregarse agora nun amplo número de televisores conectados empregando o español para reproducir series e programas, obter respostas ou controlar a electrónica doméstica con só premer o botón do micrófono no mando a distancia e comezar a falar.
Co Asistente de Google podemos realizar preguntas sobre xéneros, anos ou actores para descubrir contidos; indicar a serie, película vídeo ou programa que queremos reproducir; e incluso empregar ordes de voz para axustar o termóstato ou controlar a iluminación; estando esta posibilidade dispoñible polo momento nunha serie de dispositivos un tanto limitada, que segundo Google limitaríase a televisores conectados de Sony (con Android TV) e LG (da serie OLED TV AI ThinQ) e ao dispositivo nVIDIA SHIELD TV.

PUBLICIDADE