O Apalpador consolida a súa presenza na nosa Rede
mércores, 19 de decembro do 2012
A Rede galega reborda estes dÃas de mensaxes,
informacións e reclamos de Nadal, pero non todas se refiren aos cada
dÃa máis atarefados e sobre-reflectidos Reis Magos ou Santa Claus.
Con cada ano que pasa, afiánzase, sen lugar a dúbidas, a nosa
achega propia a estas festas: a figura de O Apalpador, un personaxe
que non ten a axenda tan apertada coma os devanditos e que está a
ser elixido por centos de cativas e cativos para escoitar os seus
devezos e arelas para o novo ano. Ademais, contándose coa vantaxe de
telo ben pretiño: en troques de vir da xeada Laponia, vén das
montañas de O Courel. Na Internet, como dixemos, o seu recanto tamén
se consolida. Sen ir máis lonxe, vimos de descubrir, a través do
blog Falando enténdese a xente, un espazo de seu,
opalpador.tk, moi ben
deseñado por A Webeira, e que resume boa parte do que estamos a
contar, como un sitio máis ou menos oficial da figura do carboeiro
da montaña de Lugo.
Esta web inclúe, entre outras cousas, a canción e
máis o vÃdeo de O Apalpador e foi posta en marcha para promover no
mundo a súa figura, responder tódalas respostas posÃbeis e,
ademais, abrirnos as portas cara a outros sitios web onde tamén se
fala del.
E para resolver calquera
dúbida sobre a súa existencia e dispoñibilidade, amais de para
estender a súa presenza nos nosos computadores, dende
a web da marca O Visio están a lanzar material descargábel
sobre O Apalpador, reivindicando a figura do carboeiro galego e, xa
que se trata dun punto en liña de distribución de prendas cen por
cen galegas, o axeitado da súa feitura externa e bo tino do
carboeiro á hora de vestirse (con cores verde/marrón que lle acaen
mellor á nosa terra cás vermellas e brancas do Nadal máis
estendido polos medios e as grandes marcas). Ao fÃo disto, O Visio
fornece figuriñas virtuais para empregarmos como mellor nos conveña,
descargábeis tamén en forma
vectorial
para os nosos traballos de deseño.
Pero hai máis. Dende o
Portal da Lingua cóntasenos
que o xornal dixital Galicia
Confidencial puxo en marcha unha campaña de promoción para
lectoras e lectores que consiste en agasallalas/os cun boneco de O
Apalpador, feito por Rumboia
Xoguetes, de
formalizaren unha subscrición ao xornal.
A
maiores, tamén hai vÃdeos en YouTube, como por exemplo a achega
audiovisual (e pictórica) feita pola rapazada do CEIP da Nosa Señora
de Xuvencos de Boborás (Ourense), na
que se nos conta a historia do carboeiro. Asemade, dende o CEIP
Coirón Dena de Meaño,
chéganos estoutro
vÃdeo sobre as andainas do devandito habitante das montañas
galegas. Por outra banda, e seguindo cos importantes traballos
levados a cabo dende os centros de ensino, salientar a achega feita
dende o CEIP VÃctor Sáenz de Mazaricos, na que se
nos convida a enviarlle unha carta ao carboeiro do Courel.
VÃdeo coa historia do Apalpador