O ADSL de Telefónica mellorará a velocidade de subida entre o 7 de abril e o 31 de maio

luns, 5 de abril do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios de conexións ADSL e Tríos de Telefónica de 6 e 10 Mbps poderán gozar en breve dunha mellora na velocidade de subida do seu acceso á Rede, pasando as conexións ADSL de 6 Mbps dun upstream de 320 Kbps a un de 640 (ao igual que os usuarios de Trío de 6 e 10 Mbps), mentres que os que teñan ADSL de 10 Mbps pasarán de 320 a 800 Kbps, destacando o feito de que os usuarios con Trío Futura (a través de fibra óptica) con 10 Mbps pasarán a ter unha velocidade de subida de 1 Mbps. As melloras de velocidade serán efectivas en novas contratacións a partires do vindeiro mércores, mentres que para os clientes actuais o proceso será paulatino, entre o 7 de abril e o 31 de maio, podéndose conseguir máis detalles sobre este calendario nunha sección habilitada para tal fin na páxina web de Telefónica.

PUBLICIDADE