O ADSL dá un pulo á televisión de pago en España

martes, 25 de setembro do 2007

Grazas á incorporación de valor engadido ós servizos de ADSL a televisión de pago en España gañou 275.000 clientes no último ano, de xeito que actualmente chega a 3,5 millóns de familias (o 22,3% dos fogares).
Deste xeito falamos dun incremento do 1,4% trimestral e 1,1% interanual, segundo o último informe de Red.es sobre o equipamento nos fogares e, aínda que a televisión por ADSL medre, a satelital baixou un 6% de cota de mercado (conservando o 60,2% do mercado) e o cable reduciuse un 3% (quedando no 29,8%).

PUBLICIDADE