O 3º Plan UNICO achega 90 millóns para dotar de Internet de calidade a 236.254 fogares
luns, 27 de novembro do 2023
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco,
anunciou en Xermade (Lugo) un novo investimento de 19,4 millóns de
euros do Goberno para, nas súas palabras, “completar a extensión
de Internet de alta velocidade a todos os recunchos de Galicia”.
Trátase da terceira convocatoria do Programa UNICO de Banda Larga
do Ministerio de Transformación Dixital, que
suma un investimento global de 90 millóns de euros na comunidade
galega para levar a conexión de calidade a 236.254 fogares e
empresas que ata agora non contaban con este servizo antes de finais
de 2025.
Na provincia de Lugo, a empresa Avatel será a
encargada de levar Internet de alta velocidade a 11.132 fogares e
empresas no marco desta terceira convocatoria, que financia o Goberno
con 4.268.715 euros.
Pedro Blanco lembrou que Internet “é unha
ferramenta que hoxe está en todos os aspectos das nosas vidas, que é
chave para o desenvolvemento dos concellos do século XXI e tamén
para a dinamización da actividade económica no rural”. Neste
sentido destacou que “somos o Goberno que trouxo investimentos para
solucionar un problema real despois de anos sen avances nesta materia
por parte da administración autonómica”.
O delegado sinalou que iniciativas como o Programa
UNICO, que se financia con cargo aos fondos do Plan de Recuperación,
“son un exemplo máis de que o diñeiro do Goberno chegan a todos e
cada un dos concellos galegos. E fano para mellorar a vida dos seus
veciños e veciñas, como no caso de Xermade, onde máis de 2.000
veciños e veciñas que carecían de Internet de alta velocidade van
ter agora este servizo”. En concreto, o tres convocatorias
permitirán levar Internet de alta velocidade a través de fibra a
2.077 familias e empresas do municipio a través de 484 proxectos que
executan as empresas seleccionadas.
Facendo un algo de balance, Branclo lembrou que o
investimento do Goberno nas dúas convocatorias anteriores, xa en
execución, foi de 71,2 millóns de euros. Na primeira, Telefónica
foi a empresa adxudicataria, mentres que na segunda o galega Vento
Rede encárgase da despregadura na Coruña; Avatel en Pontevedra e
Ourense, e Adamo en Lugo.
Nesta terceira convocatoria Vento Rede adxudicouse
de maneira provisional as provincias da Coruña e Pontevedra, mentres
que Avatel foi seleccionada para executar as conexións nas
provincias de Lugo e Ourense. O investimento total que se mobilizará,
sumando a achega das empresas a axuda do Goberno, ascende a 131
millóns de euros no tres convocatorias.
O delegado e o alcalde de Xermade, Roberto García,
repasaron os apoios do Goberno ao Concello de Xermade nestes anos,
entre os que destacan os 4.000 euros para a posta en marcha dunha
Aula Mentor ou os 403.000 euros dos fondos de Transición Xusta do
Ministerio de Transición Ecolóxica para a rehabilitación da antiga
casa reitoral para convertela no futuro Centro Internacional de
Tornaríaa do municipio, que acolle o Encontro Internacional de
Torneiros de Madeira.