O 15 de novembro remata o prazo para inscribirse aos Premios Youtubeiras
martes, 8 de novembro do 2022
Youtubeiras, proxecto
organizado polos servizos de normalización lingüÃstica de doce concellos, das
tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a
creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, pechará o vindeiro
martes, 15 de novembro, o prazo de inscrición para a sexta edición dos seus
premios. Este certame, cuxas bases se
poden consultar na web, repartirá 7.500 euros nas categorÃas de: canle,
youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vÃdeo, calidade lingüÃstica, pioneiro,
rede e o premio do público. Os sete primeiros galardóns contan cunha dotación
económica de 1.000 euros, mentres que para o último apartado a cifra ascende
aos 500 euros.
Os Premios Youtubeiras celébranse este ano baixo o lema Para
a rede, a nosa. Esta máxima procura transmitir fachenda e forza, ademais
dun ton enérxico, para subliñar o traballo desenvolvido pola comunidade
Youtubeiras dende a súa posta en marcha. Ao abeiro desta iniciativa que vai
máis aló duns premios e que xorde da colaboración de institucións que se unen a
prol do fomento da lingua, conseguiuse crear e ensanchar unha comunidade viva e
dinámica na nosa lingua na Rede. Para continuar pola senda da medra,
Youtubeiras este ano ten como obxectivos incentivar a profesionalización dos youtubeiros, poñer en valor a súa figura,
achegar espazos de aprendizaxe especializada e promover temáticas aÃnda pouco
tratadas a dÃa de hoxe en galego en YouTube.
Nesta sexta edición, os Premios Youtubeiras experimentan
diferentes cambios. Ademais de reestruturar as categorÃas, modifÃcanse as bases
nun aspecto fundamental para poder concorrer nestes premios. Se o ano pasado
resultaba imprescindible para a inscrición contar cunha canle que tivese polo
menos cinco vÃdeos publicados, nesta edición vólvese permitir a presentación de
canles cun único vÃdeo. A organización revisa anualmente as bases dos Premios
Youtubeiras, xa que o eido da creación dixital evoluciona e vive fondas
transformacións a gran velocidade.