O 10% da audiencia da radio séguea pola Internet

martes, 26 de maio do 2009

Un informe elaborado por Mass Media a partir de datos da primeira onda de 2009 do EGM dá á radio unha cobertura acumulada mensual de 31,89 millóns de oíntes, dos que o 10% accedería ao medio a través da Internet.
Concretando por emisoras, o 6% dos seguidores da SER a escoitar pola Internet, mentres que só elixen tal vía o 4,5% dos oíntes de Onda Cero e o 4,7% de Cadena 40; porcentaxes que parecen reducidas, pero que comezan a ter un peso importante.

PUBLICIDADE