Novos móbiles económicos de Samsung

martes, 12 de decembro do 2023 Marcus Fernández

O catálogo de móbiles de gama de entrada de Samsung actualízase coa incorporación dun par de terminais: o Galaxy A25 5G e o Galaxy A05s.
O Samsung Galaxy A25 5G buscaría ser unha opción económica para gozar da conectividade 5G contando tamén cunha pantalla Super AMOLED Full HD+ de 6,5 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz e 1.000 nits de brillo; así como son estéreo Dolby Atmos. Tamén conta cunha cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 Mpíxeles e unha cámara frontal de 13 Mpíxeles, e a súa batería de 5.000 mAh conta con carga rápida de 25 watts. Chega ao mercado a un prezo de 299 euros para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que a versión con 8 Gb de RAM e 256 GB de capacidade custa 369 euros.
Pola contra, os que prefira un móbil máis modesto teñen o Samsung Galaxy A05s, cunha pantalla Full HD+ de 6,7 polgadas, cámara traseira dupla cun sensor principal de 50 Mpíxeles e cámara frontal de 13 Mpíxeles, conectividade 4G e batería de 5.000 mAh con carga rápida de 25 watts, que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 680 e 4 GB de RAM, vendéndose o modelo con 64 GB de almacenamento a 159 euros e o de 128 GB a 179 euros.
Vemos así como, aínda que ambos modelos de móbil teñan una aparencia externa moi semellante, mudan bastante en prestacións, de xeito que sitúanse en rangos de prezo moi diferentes.

PUBLICIDADE