Novos auriculares de Oppo con grande cancelación de ruÃdo activa
venres, 28 de maio do 2021
O
fabricante chinés Oppo ten xa grande experiencia comercializando auriculares
sen fÃos, e o seu último produto desta liña, os auriculares Oppo Enco Free2,
parecen todo un acerto ao adoptar un formato moi popular e unhas elevadas
prestacións a un prezo moi contido (o seu prezo en China é de 599 iuans, o que ao
cambio serÃan 77 euros).
Estes auriculares sen fÃos con conectividade Bluetooth 5.2 poden presumir de boa
calidade de son e, moi especialmente, dunha cancelación de ruÃdo activa de até
42 dB (os AirPods Pro teñen unha cancelación duns 35 dB), ao que haberÃa que
sumar resistencia IP54 e unha autonomÃa por auricular de até 6,5 horas (até 30 horas
se sumamos as recargas ao introducir os auriculares no seu estoxo).
Tamén xoga ao seu favor unha latencia de só 47 milisegundos, a posibilidade de empregalos
como disparador remoto da cámara fotográfica do móbil ou incluso un modo
transparencia para poder escoitar o contorno sen ter que quitar os auriculares.
Integran tres micrófonos para unha mellor captación da voz e para contribuÃr á
supresión do ruÃdo nas chamadas, contando con algoritmos que buscan reducir ao
máximo o molesto ruÃdo do vento.
Os Enco Free2 detectan cando están postos, de xeito que ao sacar os auriculares
a música detense e, ao volver poñelos, retómase a reprodución. Tamén poden
empregarse ambos auriculares en estéreo ou un único auricular para cando
queremos deixar un ouvido libre para atender a outras cousas. O seu uso tamén
resulta cómodo á hora de conectalo co smartphone, xa que chega con abrir o seu
estoxo para realizar a vinculación do móbil cos auriculares.
Polo momento descoñécese cando chegarán a España e o seu prezo, aÃnda que en
vista da cantidade modelos de auriculares de Oppo á venda no noso territorio é
de esperar que tarden pouco en pórse á venda (aÃnda que o feito de que o
modelo Enco Free orixinal teña un prezo de 109 euros fai pensar que ese
poderÃa ser o prezo que acadarÃa esta actualización cando chegue ao noso
mercado).
- Os novos auriculares son compactos, lixeiros (47,6 gramos en total) e cunha boa autonomÃa