Novo reprodutor portátil de Blusens con pantalla táctil
martes, 14 de setembro do 2010
A electrónica de
consumo é un sector moi dinámico, no que as compañÃas teñen que renovar o seu
catálogo constantemente, de aà que a galega Blusens estree o seu reprodutor
multimedia portátil P71, que sorprende por contar cunha pantalla táctil LCD de 3
polgadas cunha resolución de 400 x 240 pÃxeles, con acelerómetro (para rotar
automaticamente os contidos en pantalla).
O Blusens P71
reproduce audio (MP3, WAV, WMA, FLAC, OGG, APE) e vÃdeo (AVI, MPEG-4, XviD,
VCD, SVCD, KVCD, FLV, 3GP, WMV), amosa imaxes (JPEG, GIF, PNG e BMP) incluso
durante a reprodución musical, pode ler documentos de texto (TXT). Conta con altofalante
traseiro, radio FM, gravador de voz e radio, cronómetro, calendario, xogos e
conectividade USB 2.0.
O dispositivo mide 90 x 51 x 15 milÃmetros, pesa 68 gramos e véndese
en capacidades de 4 e 8 Gb a 79 e 99 euros respectivamente, aÃnda que tal
capacidade pode ampliarse mediante tarxetas de memoria microSD. A súa autonomÃa
é de 15 horas para a reprodución musical e de 4 horas para a reprodución de
vÃdeo.
O modelo de 4 Gb estará dispoñible en branco e violeta, mentres que o de 8 Gb
venderase en negro. Aparte de cores atractivas, a súa carcasa é de neopreno,
evitando que esvare e protexendo o reprodutor de golpes.