Novo reprodutor musical para levar de Philips
mércores, 28 de marzo do 2012
Dende o lanzamento do iPod shuffle son cada vez máis
habituais os reprodutores multimedia portátiles que poden vestirse, normalmente por adoptar forma de pinza, o que fai dun
xeito bastante orixinal o reprodutor
de MP3 GoGEAR SoundDot de Philips, que adopta un deseño moi cativo,
colorista e elegante, unha forma redonda, unha interface de uso moi sinxela,
unha boa autonomÃa (ata 6 horas de reprodución musical continua) e un prezo
bastante axustado (uns
20 euros).
O SoundDot chegará en abril e varias cores (rosa, azul e e branco) e resulta
bastante práctico con funcionalidades como a posibilidade de funcionar como
unha memoria USB (facilitando a carga de contidos nos seus 2 Gb de
almacenamento interno) ou o permitir cargas rápidas (6 minutos de carga
permitirÃan unha autonomÃa de 60 minutos de reprodución). Tamén conta con
indicadores LED para saber se o trebello está acendido ou está a quedar sen
baterÃa.
Este dispositivo que reproduce ficheiros MP3, WAV e WMA ten unhas medidas de só
42,3 x 57 x 19 milÃmetros e un peso de 19 gramos.
- O GoGEAR SoundDot pode colocarse na roupa grazas a unha pinza integrada