Novo número da revista O Barbanza

xoves, 19 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Sae o número 7 de O Barbanza, revista mensual do Grupo Código Cero Comunicación que se distribúe de balde nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.
Neste novo número falamos co novelista ribeirense Jacobo Otero Moraña, damos conta das propostas para as datas de Nadal dos concellos de Arousa Norte, salientamos as propostas de excelencia gastronómica local de cara ás festas, achegamos novas formas de coñecer Barbanza da man da ornitoloxía e exploramos a nova oportunidade para a Casa da Cadea da Pobra.
Tamén damos conta do sistema de cartelería dixital co que contará Ribeira, do novo equipamento no ecoparque de San Roque, do calendario solidario da Asociación AMBAR, dos 20 anos do Centro Social de Boiro, do retorno do mercadiño á avenida da Constitución, do miradoiro de Pico Muralla (Rianxo), do espazo de coworking da Aula Activa do Mar, dos Premios á Excelencia Empresarial da Asociación Boirense de Empresarios, dos XIII Premios Barbantia e incluso publicamos unha selección de fotografías antigas que permiten unha ollada ao pasado.

PUBLICIDADE