Novo número da nosa edición impresa

luns, 12 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia do CPEIG. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Grupo Nueva Pescanova e Microsoft renovan a súa colaboración
– R celebrou un almorzo tecnolóxico arredor do compoñente humano da IA
– A IA e as tecnoloxías intelixentes entran no currículo educativo de ESO e Bacharelato
– O CITIC consolida co proxecto 3-i ICT o seu carácter referencial europeo en materia de talento
– Opentrad intégrase nun software de tratamento de vídeo con IA
– atlanTTic e Gradiant organizan as xornadas nacionais JNIC 2023
– AMTEGA asina a constitución dun consorcio europeo de goberno intelixente,Govtech4all
– As nosas pemes e grandes empresas superan a media estatal no uso da IA
– Ineo contribúe a transformar preto dun milleiro de autónomos e empresas
– GAIN lanza un programa para impulsar as vocacións tecnolóxicas no sector naval
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Elena Neira, especialista en novos modelos de distribución
– Mundos Digitales presenta os detalles da súa vindeira edición
– Política Lingüística e a USC presentan as tres primeiras ferramentas do Proxecto Nós

PUBLICIDADE