Novo número da nosa edición impresa

xoves, 16 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á loita contra os machismos na Rede co gallo do 8-M. Tamén abordamos os seguintes temas:
– En marcha a oficina de transformación tecnolóxica para pemes do concello de Ponteceso
– O CESGA contará co computador cuántico máis potente de Europa
– A RAGC entrega os seus Premios á Investigación (sénior e júnior)
– O CITIC amplía o radio de acción do seu programa Talentos Inclusivos
– Santiago fomentará o espírito maker para impulsar a calidade de vida nos barrios
– GAIN expón os instrumentos autonómicos para innovar no sector primario
– O CPEIG celebrará en xuño a nova edición da Noite Galega da Informática
– Fernando Suárez pon o foco nas moitas desigualdades TIC contra as que cómpre loitar
– En marcha a Cátedra Institucional en Patrimonio Cultural Dixital
– AMTEGA abre a inscrición de Tecnólog@ por un día
– A Xunta salienta os esforzos de Galicia na loita contra a fenda dixital de xénero
– O CCG e a USC celebran cun especial web as contribucións femininas á ciencia
– A UVigo, COGAMI e a Deputación de Pontevedra poñen o foco nas violencias en liña
– Achegamos unha reportaxe co máis destacado do Mobile World Congress 2023
– A cultura galega refórzase nas redes con actividades e propostas diversas
– Política Lingüística celebra a gran festa do programa
– 21 Días co Galego e +
– Comezamos o ano con novas contribucións galegas á corrente continua da innovación
– Chega a 10ª edición do Carballo Interplay promovendo os contidos dixitais feitos en Galicia
– O grupo GRISAMP prepara un videoxogo, unha plataforma e un app de envellecemento activo

PUBLICIDADE