Novo número da nosa edición impresa

luns, 31 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos ao Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Goberno comezou 2022 co reto de levar banda larga a 60.000 fogares galegos
– Pechouse con éxito, na ESEI da UVigo, a quinta edición do seu Foro de Emprego
– O CPEIG critica a presenza cada vez menos da informática nos estudos de Bacharelato
– 2022 comezou con múltiples exemplos de tecnoloxías intelixentes nos servizos municipais
– Operadoras e administracións comparten as súas últimas novidades en cobertura
– AMTEGA activa un ambicioso plan para reformar e ampliar a rede de aulas CeMIT
– A Xunta dotará de telefonía móbil a 290 núcleos galegos sen cobertura
– O portal do CCG e a USC quere ser o gran referente dos recursos didácticos en galego
– A revista e a web Código Cero, distinguidas nos Premios Manuel Beiras
– A Deputación de Lugo e a EOI redobran esforzos pola empregabilidade da xente nova
– A Deputación da Coruña impulsa novos centros de coworking en Santiago e A Pobra
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– A cultura galega celebra un xaneiro de 2022 cargado de novidades
– A Rede de Dinamización Lingüística pechou 2021 con máis de 700 accións por toda Galicia
– Entrevistamos ao responsable da tradución de Wordle ao galego

PUBLICIDADE