Novo número da nosa edición impresa

venres, 11 de outubro do 2019 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración en Compostela da macro-feira de emprego Talentia Summit e conversamos co presidente da Comisión de Dixitalización da Cámara de Comercio de España. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Todo o que precisamos saber sobre a Axenda Industria 4.0, a folla de ruta da nosa transformación
– Agresión Off: repasamos a andaina da campaña antiviolencia machista polos nosos festivais
– R achega tecnoloxía de última xeración para o gran chimpo internacional de JEALSA
– O CITIC co-organiza o 17 de outubro o Machine Workshop Learning Galicia
– GAIN impulsa a segunda convocatoria da aceleradora aeroespacial BFAero
– A Deputación de Lugo crea un punto de apoio ao emprendemento
– O foro Cibersec@Gal porá Galicia no epicentro do debate arredor da ciberseguridade
– En 2020 comezará a súa actividade o Centro GaiásTech na Cidade da Cultura
– O Foro Autonómico TIC de Gartner celebra a súa primeira edición en Galicia
– Henrique Neira lévanos ao intre en que se inaugurou o primeiro caixeiro en Galicia
– O CPETIG organiza este mes de outubro a súa histórica xornada Iuristicgal19
– CESGA e CiTIUS renovan a súa colaboración para achegar recursos 4.0 a FINSA
– O CPEIG fai un chamamento a tirar proveito racional e efectivo da tecnoloxía 5G

PUBLICIDADE