Novo número da nosa edición impresa

venres, 29 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á relación entre a nosa lingua e a Internet conversando co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Tamén abordamos os seguintes temas:
– R e Cinfo presentaron as múltiples contribucións que poden achegar as TIC ao deporte
– O CPEIG distingue a figura de Ana María Prieto con motivo do Día da Muller
– Fernando Suárez fai un chamamento a prol da información política fiábel na Rede
– Carlos Pajares conmemora con nós o nacemento da World Wide Web
– Henrique Neira lévanos ao intre exacto en que chegou o primeiro navegador en galego
– O CESGA, Igualdade e o CPEIG lanzan o concurso Apuntastech?
– O CITIC participou nunha experiencia de intercambio de coñecemento en Israel
– As xornadas de ciencia e tecnoloxía da UDC avaliaron os futuros posíbeis de Internet
– As empresas galegas deixaron pegada na pasada edición do Mobile Word Congress
– A Lei de Administración Dixital de Galicia universalizará os servizos públicos dixitais
– O Hipersector TIC duplica o volume das exportacións en 4 anos
– Os concellos da nosa terra dan novos e importantes pasos para converterse en smart
– Achegamos unha nova ración de innovación galega con múltiples ingredientes nosos
– Entrevistamos aos responsábeis do Centro Tecnolóxico Galego do Videoxogo

PUBLICIDADE