Novo número da nosa edición impresa

xoves, 31 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á dixitalización da educación en Galicia. Tamén abordamos os seguintes temas:
– AMTEGA fai avanzar o plan para posibilitar na nosa terra unha educación integramente dixital
– O Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo comeza o ano amplificando labor formativo
– O CITIC leva o coñecemento dos seus proxectos á mocidade dos institutos
– O CPEIG e a ESEI convocaron unhas 360 persoas para a celebración da Hora do Código
– Pulo da UDC á materialización na Coruña da Cidade das TIC
– Santiago e o seu tecido empresarial quere contar cun hub de innovación dixital
– O Concello de Lugo, recoñecido pola súa accesibilidade e o seu compromiso smart
– Lalín converterase en Cidade Intelixente da man de Vodafone
– Sinatura convidada con Rosa Méndez, directora de Área de Sociedade Dixital da AMTEGA
– Entrevistamos a Altia, referente galego, estatal e internacional no ámbito TIC
– O CESGA traballa nun proxecto para fortalecer os bosques perante o cambo climático
– Balidea e Situm comercializana súa tecnoloxía TOURAL para a xestión de eventos

PUBLICIDADE