Novo número da nosa edición impresa

martes, 8 de xaneiro do 2019 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos realizamos un amplo repaso da colleita dixital galega do ano 2018. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Cluster TIC Galicia convoca a segunda edición dos seus galardóns
– Fernando Suárez, presidente do CPEIG, comparte con nós os bos agoiros TIC de 2019
– O CESGA contribúe a situarnos como referentes no estudo avanzado do ADN
– O CITIC presenta os seus relevantes resultados relativos a 2018
– A Deputación da Coruña impulsa o emprendemento tecnolóxico dende Carballo
– A Deputación de Lugo premia unha iniciativa TIC que facilita o coidado das vacas
– Redúcese nestes anos a fenda dixital de idade na nosa terra
– O Plan Digitalent comeza o ano con máis compromiso empresarial e máis actividades
– Bioga comparte cos nosos lectores os seus grandes éxitos recentes en biotecnoloxía
– A cultura galega comeza o novo ano con bos agoiros tecnolóxicos
– Balidea móstranos ao detalle o seu frutífero proceso de internacionalización
– R pechou 2018 con máis recursos e servizos para clientes e para as novas startups
– R e Altia xuntan forzas para converter Lugo en cidade smart
– O CPEIG rematou o ano redobrando a súa aposta por espertar vocacións TICs

PUBLICIDADE