Novo número da nosa edición impresa

venres, 3 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Administración electrónica nos concellos galegos. Tamén abordamos temas como os seguintes:
- UCGAL somete a exame as operadoras que traballan na nosa terra
- O CITIC recibiu a visita da secretaría de Estado de Universidades e I+D+i
- A Fundación TIC da Deputación de Lugo impulsa a formación audiovisual e dixital na mocidade
- A cidadanía galega vai contar cun plan de impulso á tecnoloxía 5G
- A taxa de familias galegas conectadas supera a media estatal por vez primeira
- Os nosos centros tecnolóxicos impulsan unha nova cita coas máquinas que pensan e aprenden
- Fortalécese a vertente tecnolóxica e sustentábel das nosas propostas turísticas
- Henrique Neira achéganos ás posíbeis influencias de Jules Verne na obra de Rosalía de Castro
- A Deputación de Ourense e ABANCA crearán un centro tecnolóxico smart
- Viaxamos aos concellos galegos na era dixital
- Achegamos un nutritivo e gorentoso menú de verán de innovación tecnolóxica galega
- Fernando Suárez, do CPEIG, lémbranos a importancia futura da formación informática
- Hispasat mostra en Santiago as múltiples vantaxes do satélite para o rural

PUBLICIDADE