Novo número da nosa edición impresa

mércores, 10 de maio do 2017 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención o rol das mulleres no sector TIC co gallo da celebración do Días das Rapazas nas TIC: Tamén abordamos temas como os seguintes:
- A Deputación de Lugo recunca coas súas actividades TIC para os colectivos de idade
- Vitae amósanos como optimizar o noso traballo de desenvolvemento de software
- O CITIC redobra esforzos en materia de novas tecnoloxías ao servizo da saúde
- CeMIT-Innova xa ten proxectos seleccionados das nosas catro provincias
- O CDTIC Virtual amplía oferta open source cunha solución para tendas virtuais
- O CPETIG convídanos en SilverBullet17 a achegarnos á vangarda tecnolóxica da xestión
- Entrevista a Tino Fernández, fundador de Altia
- O CPEIG celebrou con máis de 80 rapaces a terceira edición de Rapaciñ@s
- A innovación galega segue a encher de referentes o desenvolvemento das TIC
- Esri dota de tecnoloxía pioneira á nova cartografía dixital de Galicia

PUBLICIDADE