Novo número da nosa edición impresa

venres, 9 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao congreso InLugo que organiza a Deputación de Lugo durante os días 16 e 17 de decembro. Tamén destacamos outros temas como:
- O CITIC colabora co proxecto de medicina participativa Geria-TIC
- Gradiant aposta por dotar de seguridade máis optimizada á Internet das Cousas
- Telefónica e a AMTEGA dan a coñecer os premiados da III edición de Galicia Open Future
- O CPEIG informa da ordenación europea en materia de protección de datos
- Pablo Grandío fálanos da web de videoxogos Vandal.net

PUBLICIDADE