Novo número da nosa edición impresa

martes, 11 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Tek-Fest en Pontevedra e da Noite Galicia das Telecomunicacións. Tamén destacamos outros temas como:
- A AETG e AMTEGA achegan un servizo de asesoramento sobre infraestruturas locais
- Gradiant xunta forzas con ElevenPaths para avanzar en materia de seguridade
- O CITIC é referente en técnicas estatísticas como soporte da intelixencia cognitiva e Big Data
- AMTEGA lanza novas pílulas informativas sobre as vantaxes das TIC para as empresas
- Aberta consulta para aplicar innovación nos controis de campo ligados ás axudas agrarias
- Telefónica clausurou a primeira edición da Lanzadeira de Emprego de Ourense
- A Deputación de Pontevedra pon a disposición da provincia o seu proxecto SmartPEME
- SIVSA amosa as moitas vantaxes da súa ferramenta Fenix para a profesión médica
- Arranca Coruña Dixital cun achegamento práctico á cultura Maker
- O CPETIG organizou unha nova edición da Xornada de Informática Xudicial
- Balidea fai un repaso pola súa frutífera experiencia de desenvolvemento TIC en Dinamarca
- En marcha unha nova web que recupera o pasado do Dépor

PUBLICIDADE