Novo número da nosa edición impresa

luns, 8 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega comentamos o 15º aniversario de Codigocero.com e dedicamos unha especial atención aos centros tecnolóxicos que HPE e Vodafone habilitarán na Cidade da Cultura de Galicia.
Tamén destacamos outros temas como:
- Aurea presenta en Ponte Caldelas un novo e interesante servizo de banda larga
- Pulo europeo para o consorcio de ensino smart no que participa Gradiant
- O CSIC achega dende Galicia novas ferramentas informáticas para o noso patrimonio
- Os nosos Concellos lánzanse a tirar partido das TIC para amosarse ao mundo
- Mundos Dixitais reuniu na Coruña os máximos referentes en materia de virtualidade e xogos
- Deputación Pontevedra pon en marcha o novo programa de capacitación TIC SmartPEME
- Spin2016 amosará ao mundo o noso espírito de emprendemento TIC
- A Deputación de Coruña achega incentivos aos concellos para o turismo vía dixital
- TEDxGalicia botou unha ollada ao futuro das tecnoloxías
- O CPEIG achéganos á historia informática de Galicia
- A Deputación de Ourense impulsará centro de innovación con IBM e Vodafone
- A Mesa presenta unha aplicación para compartirmos discriminacións contra o galego
- O movemento Maker faise forte en Santiago

PUBLICIDADE